Nun interesante artigo que se pode consultar na páxina celtiberia.net, escrito por Celso Alberte Magariños Costas e titulado “Os romanos na comarca de Arzúa” deféndese a tese de que o Río Iso foi así bautizado pola Lexión IV Macedónica, enviada no ano 19 a.C. polo emperador Augusto ao mando de Marco Vipsanio Agrippa.
Non hai ningunha inscrición ou documento que constate a que Agrippa pasou por Arzúa coa Lexión IV., aínda así, a tese do artigo que mencionamos é que esa lexión planeou e construíu a Vía XIX de Braga a Astorga que, seguindo con esa teoría, atravesaría Arzúa vindo de Melide. Como indicios probatorios da presencia da Lexión IV Macedónica en Arzúa, mencionase o nome de dous ríos da comarca: o Pella (hoxe río Boente) e o Iso. Tanto Pella como Ysso son nomes de cidades macedónicas que terían inspirado aos xeógrafos que acompañaban a Agrippa para poñer nome aos nosos ríos.