Nun libro de 1853, impreso en Santiago na imprenta de Jacobo Souto e Hijo, que leva por título “Prontuario químico para comprobar la identidad y pureza de los principales artículos de consumo y demostrar o descubrir las adulteraciones que suelen sufrir” atopamos varias referencias á vila de Arzúa e a unha epidemia de cólera. O autor do libro é Don José María Bojart y Giraldez (alumno do último ano de farmacia naquel tempo e rexente dun botiquín que se estableceu en Arzúa). Da lectura de dito libro, atopamos:
- O autor foi encargado dun botiquín que o Gobernador mandou establecer na Vila de Arzúa con motivo da “féroz y aterradora fiebre epidémica” que houbo neste pobo e o seu partido xudicial.
- O seu mandato durou dende o 1 de xuño ata o 10 de novembro de 1853.
- O alcalde de Santiago de Compotela foi quen lle ordenou ao autor facerse cargo do botiquín
- Na vila de Arzúa non había daquela residindo ningún médico, ainda que si había varios a pouca distancia
- O autor pensa que o foco de infección estaba no cárcere, pola súa mala consrucción e non ter luz nin ventilación e onde estaban máis de cen persoas,
- José María Bojart mandou quitar ao campo os presos da cárcere e desinfectar os calabozos, e renovar a palla na que dormían os presos,
- Tamén mandou desinfectar a igrexa parroquial, o cementerio e as vivendas dos enfermos.
- Preparou medicamentos, que se entregaron gratis aos pobres (eran os cregos quenes indicaban quen tiña esta condición) e cobrándollos aos máis acomodados
- Enviouse tamén á vila ao profesor D. Pedro Mosquera
|O libro completo en PDF pódese descargar neste enlace ou na sección de descargas.